Friday 03 de May de 2024

O Concello leva a celebración do Samaín aos centros educativos e aos comercios da cidade


Un concurso de escaparatismo, actividades en colexios, talleres infantís e pasarrúas completan as actividades deste ano

O Concello da Coruña complementa a programación doSamaín con diferentes propostas para o tecido comercial e os centros educativos da cidade.

As actividades inclúen un concurso de escaparatismo, obradoiros e talleres infantís e pasarrúas.

Estas actividades, organizadas pola Concellaría de Comercio, buscan implicar ás áreascomerciais dos diferentes barrios na programación e potenciar as súas vendas e o coñecemento por parte da mocidade das súas propostas. Nos colexios houbo estes días obradoiros de disfraces e pasarrúas por comercios. Participaron os seguintes centros: CPR Cid, CEIP Cidade Vella, CEIP Curros Enríquez, CEIP Raquel Camacho, CEIP Rosalía de Castro, CEIP Sagrada Familia, CEIP Torre de Hércules e CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

Tamén se celebra estes días un concurso de escaparatismo que conta con 99 comercios inscritos. Os establecementos están decorados con motivos de terror propios da festividade do Samaín. O vindeiro martes 31 de outubro anunciarase aos gañadores. Os premios van desde os 2.500 euros para o gañador ata 750 euros para o quinto clasificado.

Por outra banda, este sábado pola mañá celebraranse talleres infantís do Samaín para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade. As persoas interesadas poden inscribirse na seguinte ligazón. É necesario presentar un recibo de compra de comercios do barrio entre o 15 e o 28 de outubro cun importe mínimo de 5 euros.

Por último, o martes 31 haberá pasarrúas terroríficos. Dez grupos percorrerán as rúas comerciais da cidade, pasando por Riazor, praza de Pontevedra, Monelos, Campo da Leña,
Os Rosales, Labañou, O Castrillón, Oza, Os Mallos, Monte Alto, As Conchiñas, O Ventorriño e Pescaría.

Actividades nos centros cívicos

Esta oferta súmase á xa anunciada e que se celebrará estes días nos Centros Cívicos Municipais. Nos centros máis grandes terán lugar festas temáticas de Samaín, ás que os nenos e nenas poderán asistir disfrazados. Nos Centros Cívicos con menor capacidade levaranse a cabo outras actividades como obradoiros de arañas, meigas e monicreques relacionados co Samaín.

As actividades hoxe e rematarán o día 31 de outubro. Todas as festas e os talleres son de balde. As prazas cubriranse por orde de inscrición nos propios centros ata completar a capacidade. Estas son as citas:
● 27 de outubro | De 17.30 a 20.30 | Centros Cívicos de San Diego, Novo Mesoiro e Cidade Vella
● 28 de outubro | De 17.30 a 20.30 | Centros Cívicos de Monelos, Montealto e Os Rosales
● 29 de outubro | De 17.30 a 20.30 | Centro Cívico do Castrillón
● 29 de outubro | De 16.30 a 19.30 horas | Centros Cívicos de Labañou e Os Mallos
● 30 de outubro | De 17.30 a 20.30 horas | Centros Cívicos de Eirís e Novoboandanza
● 31 de outubro | De 17.30 a 20.30 horas | Centros Cívicos de Palavea e Elviña Calendario de obradoiros:
● 27 de outubro | De 17.30 a 19.30 horas | Centros Cívicos de Sagrada Familia e Feáns
● 28 de outubro | De 11.00 a 12.30 horas | Centros de San Pedro de Visma, Santa Margarida e Santa Lucía

● 28 de outubro | De 12.00 a 13.00 horas | Centro Cívico de Castro de Elviña
● 30 de outubro | De 18.15 a 19.45 horas | Centro Cívico de Artesáns
● 31 de outubro | De 17.00 a 18.30 horas | Centros Cívicos de Pescadores e A Silva